Zulueta de Haz, Alfonso

Zulueta de Haz, Alfonso

Notario. Converteuse en presidente do Consello da Cultura Galega en 2002 tras a morte de Carlos Casares. Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, é membro do Consello de Administración de Caixanova, fundador e presidente da Fundación Tutelar Galega para Minusválidos Psíquicos Sálvora, presidente da editorial SEPT, vicepresidente da Fundación Penzol e conselleiro da Editorial Galaxia. Foi fundador e presidente do Partido Galego Social Demócrata (1974-1978) e membro do Partido Galeguista. Académico de honra da Academia de Lexislación e Xurisprudencia de Galicia, recibiu a cruz distinguida de primeira clase da Orden de San Raimundo de Peñafort e a Medalla Castelao (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo