Feuerbach, Ludwig Andreas

Feuerbach, Ludwig Andreas

Filósofo materialista alemán. Estudiou teoloxía en Heidelberg e filosofía en Berlín xunto a G. W. F. Hegel (1824-1826). Membro destacado da esquerda hegeliana, argumentou contra a inmortalidade persoal e a transcendencia de Deus. Propuxo un humanismo naturalista no que a filosofía era ciencia da realidade na súa verdade e totalidade; e no que as ciencias especializadas eran aspectos abstractos do ser humano completo e, polo tanto, o home era o centro do mundo. Anos despois, o seu pensamento evolucionou cara ao materialismo fisiolóxico, aínda que sen desfacerse dalgunha das influencias do idealismo hegeliano, e utilizou a antropoloxía contra a relixión; o home crea a Deus á súa imaxe e semellanza e non ao revés. Mediante esta crítica da relixión, que conduce ao ateísmo, explicou a produción do mundo divino desde a realidade material e inverteu a tese hegeliana. Entre as súas obras destacan Gedanken über Tod und Unsterblichkeit (Pensamentos sobre morte e inmortalidade, 1830) ou Grundsätze der Philosophie der Zukunft (Principios da filosofía do futuro, 1843).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Landshut, Baviera

  • Deceso

    Lugar : Rechenberg, Prusia Oriental