Feyerabend, Paul
Filósofo da ciencia. Doutorado en Filosofía pola Universität Wien, foi profesor na London School of Economics, na University of Bristol e na University of California, en Berkeley. Defendeu unha postura escéptica que o levou a manter a validez de calquera método de coñecemento, posto que non existe un método válido para o coñecemento, o que orixina un relativismo máximo no que se inspirarán posteriormente moitas propostas éticas da postmodernidade. Afirmou que a experiencia non é a base do noso coñecemento e que ningunha teoría é consistente cos feitos, polo que cómpre admitir a presenza de hipóteses non fundadas. Das súas obras destacan Against Method: Outline of An Anarchistic Theory of Knowlwdge (Tratado contra o método: esquema dunha teoría anarquista do coñecemento, 1975) e Sciencie in a Free Society (A ciencia nunha sociedade libre, 1978).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Viena -
Deceso
Lugar : Zúric