fideísmo
fideísmo
(< lat fide ‘fe’ + -ismo)
s
m
[FILOS/RELIX]
Doutrina relixiosa e filosófica que afirma que as verdades metafísicas, morais e relixiosas son inaccesibles á razón e teñen que ser aprehendidas mediante a fe. Foi unha reacción conservadora de católicos e protestantes ante a efervescencia ideolóxica e política de finais do s XVIII, dirixida principalmente contra o enciclopedismo, o racionalismo ilustrado e a Revolución Francesa.