Fidón
Fidón
Rei de Argos. Enfrontouse cos espartanos e derrotounos en Hisias (669 a C). Expulsou os eleos de Olimpia e someteu o Peloponeso ao seu dominio, pero foi derrotado por unha alianza dos espartanos e dos eleos. Algúns autores identifícano como o introdutor da cuñaxe de moedas en Grecia e dun novo sistema de pesas e medidas.