field painting*
field painting*
Tendencia pictórica iniciada por B. Newman cara ao 1950 que concibe o cadro como un campo (field) total e non como unha estrutura formada por elementos interrelacionados. Cando domina o brillo e a saturación da cor en obras monocromáticas recibe o nome de colour field painting.