figa

figa

(< lat tardío *fica ‘vulva’)

  1. s f [ETN]

    Amuleto en forma de man pechada, co polgar entre o índice e o dedo corazón, usado xa desde a Antigüidade como protección contra o mal de ollo, a envexa, as doenzas, etc porque representa un puño, medio de defensa dos humanos. A postura dos dedos simboliza, así mesmo, o acto sexual, é o macho vencendo a femia, de aí o seu carácter protector contra os males.

  2. s f

    Aceno que se fai coa man pechada, co dedo polgar entre o índice e o corazón, como esconxuro, insulto ou mofa.

  3. s f

    Parte externa do órgano xenital feminino.

Frases feitas

  • Importar unha figa/un carallo. Non lle dar importancia ningunha a algo.

Palabras veciñas

FIFA | Fife | FIFO | figa | figadeira | fígado | fígado