fígado

fígado

(< lat v *ficatu < latiecur fīcātu ‘fígado de animal alimentado con figos’)

  1. [ANAT/FISIOL]
    1. s m

      Órgano glandular complexo, anexo ao intestino, con múltiples funcións indispensables para a vida do organismo. Todos os vertebrados posúen fígado; a forma e o peso varían segundo as distintas especies. No home adulto pesa de 1.400 a 1.800 g. De consistencia esponxosa e dura, a súa superficie é lisa e brillante, ao estar recuberto por unha cápsula de tecido conxuntivo chamada cápsula de Glisson. Pódense diferenciar dúas caras, a diafragmática e a visceral, pola que entran e saen todos os vasos, condutos e fíos nerviosos. Está irrigado pola arteria hepática e pola vea porta. Microscopicamente, as unidades morfolóxicas funcionais son os pequenos lóbulos de tecido hepático que se ordenan ao redor dunha vea central. Estes teñen unha forma poliédrica irregular, intimamente unidos os uns cos outros polas caras. No punto de confluencia de tres pequenos lóbulos existe un espazo triangular que se denomina espazo porta, que contén unha rama da arteria hepática, unha da vea porta, unha canle biliar e vasos linfáticos. Da vea central do pequeno lóbulo saen, en sentido radial, cordóns ou trabéculas de células hepáticas ou hepatocitos. Cada cordón está constituído por dúas fileiras de hepatocitos xustapostos, en medio das que resta un espacio tubular que non ten parede propia: a canle biliar, que drena a bile cara ao conduto biliar e á vesícula biliar. Os cordóns de células están separados por sinusoides sanguíneos, que reciben sangue da arteria hepática e da vea porta. Na superficie interna da parede capilar existen as células de Kupffer, que teñen actividade fagocitaria e interveñen na fabricación de globulinas. As principais funcións do fígado son a glandular e excretora, a de almacén e de depósito, a metabólica e a antitóxica. En primeiro lugar, o fígado segrega a bile, que é imprescindible para a absorción no intestino de graxas, vitaminas liposolubles e calcio. En segundo lugar, o fígado pode almacenar sangue velenoso, ata o 20% do total. Ten, polo tanto, un papel importante sobre o mantemento do volume circulante. É tamén un depósito de glicóxeno, de vitaminas A, D e B12, de proteínas, de graxas (en forma de fosfolípidos), de ferro (en forma de ferritina), de fermentos, etc. Con respecto á función metabólica, intervén no metabolismo dos lípidos, que transforma para que poidan servir como material enerxético ao corpo humano, das proteínas e dos hidratos de carbono. Tamén sintetiza diversos factores de coagulación. A función antitóxica ten lugar mediante reaccións de oxidación, metilación e acetilación, entre outras, que transforman determinadas substancias tóxicas en non tóxicas ou noutros produtos menos nocivos. A causa desta gran variedade de funcións, as alteracións funcionais desta glándula son moi variadas, como a hepatite, a cirrose e o carcinoma. Tamén se denomina fégado. Na tradición oral recóllense os seguintes ditos: “Co que sana o fígado, enferma a bulsa. O que é bo para o fígado, é malo para o bazo”.

    2. fígado danado

      fasciolose.

  2. s m

    alor que ten alguén para facer ou para enfrontarse a algo ou a alguén. OBS: Normalmente, úsase en plural.

    Ex: Non ten fígados para plantarlles cara. Non te preocupes por el, que ten bos fígados para superar esa decepción. Non sei como hai xente con fígado para comer iso.

    Sinónimos: fégado.

Frases feitas

  • 1 Cansarse moito alguén ao facer algún traballo ou esforzo. Ex: Botou os fígados sachando naquela leira.

  • Botar (un) os fígados

  • Malos fígados. Ter alguén mala fe ou mala vontade. Ex: Non te fíes dela, que é unha muller con malos fígados.

  • Quererlle un comer os fígados a alguén. Expresa rabia, xenreira ou desexo de vinganza que lle ten unha persoa a outra. Ex: Como se volva cruzar no meu camiño cómolle os fígados.

  • 2 Vomitar. Ex: Mareouse tanto que case bota os fígados.

Palabras veciñas

FIFO | figa | figadeira | fígado | fígado | Figalia | Figari, Pedro