Figaro, Le

Figaro, Le

Diario francés fundado en 1854 en París. Inicialmente saíu como semanario satírico pero en 1866 pasou a publicarse diariamente e converteuse nun dos xornais franceses de maior tiraxe. De tendencia monárquica dende 1871, co tempo adscribiuse ao republicanismo moderado. Entre os seus colaboradores históricos cómpre destacar a Alexandre Dumas, Victorien Sardon e Edmond e Jules de Goncourt. No período 1942-1944 deixou de editarse por mor da censura imposta polos alemáns na Segunda Guerra Mundial. En 1950 superou a tiraxe de medio millón de exemplares. Na súa redacción creáronse os suplementos Le Figaro littéraire, Le Figaro Magazine, Madame Figaro, Figaro Economie, Figaroscope e Le Figaro Patrimoine. Trala morte do principal accionista Robert Hernant, en 1999 pasou ao control do grupo Socpresse.