Figueroa, torre de

Figueroa, torre de

Construción situada en San Miguel de Figueiroa (Abegondo). Construída no s XII, ten planta cadrada e tres pisos e conserva as ameas. No 1621 reparouna Ares Pardo de Figueroa, cabaleiro da orde de Santiago. Na porta principal consérvanse os brasóns alusivos aos Figueroa. Mantén unha capela moderna cun retablo do s XVI. Declarárona Ben de Interese Cultural en 1994.