Figueroa y Torres, Álvaro de
Político e avogado. Conde de Romanones. Membro do Partido Liberal, foi alcalde de Madrid (1894-1895, 1897-1899) e ministro de Instrución Pública (1901), Gobernación, Fomento e Gracia e Xustiza (1905-1906). En 1912 presidiu o congreso e exerceu a presidencia do Goberno nos períodos 1912-1913 e 1915-1917. Formou novamente goberno en 1919 e tivo que enfrontarse a axitacións obreiras e nacionalistas. Foi presidente do Senado cando tivo lugar o golpe de estado de Primo de Rivera e, trala caída deste, foi ministro de Estado con J. B. Aznar (1930) e defendeu a Afonso XIII nas Cortes Constituíntes de 1931. Fundou o Diario Universal e o Globo e escribiu Las últimas horas de una monarquía (1931) e Obras Completas (1955). Foi presidente do Ateneo, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Deceso