Filgueiroa, pazo de
Filgueiroa, pazo de
Construción situada en Donramiro (Silleda). Ten planta rectangular, con gardapós e vans rectangulares en tres das súas fachadas, e dous pisos. Conserva unha galería con escaleira frontal no centro. Na fachada principal destaca a porta de arco de medio punto con escudos dos Suárez de Deza e Salgado.