filiación
(< lat filiatĭōne)
-
s
f
-
Acción de filiar.
-
Documento que contén os datos persoais de alguén.
-
Conxunto de datos referidos a un individuo.
-
[BÉL]
Rexistro do persoal do exército no que se anotan as circunstancias persoais e o historial militar do individuo.
-
-
s
f
[DER]
ínculo de parentesco que une os fillos cos seus pais. Estes vínculos poden ser por descendencia patrilineal, é dicir, por liña masculina, ou ben por descendencia matrilineal, regulada pola liña feminina. Pode distinguirse tamén a filiación natural da adoptiva.
-
s
f
Pertenza a unha asociación ou a un partido político.
-
s
f
Dependencia dunha persoa ou cousa respecto doutra ou outras.
-
filiación divina
[RELIX]
Expresión neotestamentaria que intenta explicar a nova relación interpersoal nacida entre Deus e o home a partir de Xesús Cristo. O crente recibe esta filiación, xuntamente co Espírito Santo, no bautismo.
-
filiación semántica
[LING]
derivación sinonímica.