Filiberto
Filiberto
[ONOM]
Antropónimo masculino que constitúe unha adaptación do nome francés Philibert, de orixe xermánica, composto por filu ‘moito’ e de berht ‘claro, ilustre, esplendoroso’. A grafía con ph débese á analoxía co radical de Philippe. Hai dous santos con este nome: un mártir toledano do s IV e mais un abade gascón do s VII. A súa festividade celébrase o 20 e 22 de agosto.