filigrana

filigrana

(< ital filigrana)

  1. Aplícase ao papel marcado con filigranas.

  2. s f [ARTESAN]

    Obra feita de fíos de ouro, prata e outros metais entrelazados e unidos por soldaduras imperceptibles. Coñecida dende a Antigüidade, o tipo de filigrana céltica pasou, coas invasións xermánicas, aos pobos mediterráneos. Cultivada particularmente por Bizancio e polos musulmáns, durante a Idade Media o centro produtor principal foi Xénova. No s XVIII tivo unha gran difusión e foi utilizada en pezas de grandes dimensións. A de tradición popular consérvase, entre outros centros, en Venecia, Xénova, Salamanca, Córdoba, Granada e Mallorca.

  3. s f

    Cousa feita de forma moi fina e laboriosa.

  4. s f
    1. Marca transparente, unicamente perceptible a contraluz, feita no papel no momento da fabricación.

      Ex: Os folios que comprou tiñan unha filigrana na parte inferior.

    2. [NUMIS]

      Debuxo que se percibe a contraluz nos billetes.

    3. FRAS: Facer filigranas. Actuar de forma enxeñosa para realizar con éxito algo. [NUMIS]

      Molde no que se fai esa marca.

Frases feitas

  • Facer filigranas. Actuar de forma enxeñosa para realizar con éxito algo. Ex: Tivo que facer filigranas para aprobar o exame.

Palabras veciñas

filicidio | filidio | filiforme | filigrana | filigrana | filigranado -da | filioque*