filioque*

filioque*
s m [RELIX]

Formulación teolóxica que expresa a procedencia do Espírito Santo “do Pai e do Fillo” como un principio único. A Igrexa de Oriente, que mantiña que esa procedencia se realizaba “do Pai polo Fillo”, conseguiu que no Concilio de Ferrara se prescindise desta cuestión para incorporarse á comuñón romana.