Filipe

Filipe
[ONOM]

Antropónimo que deriva do grego Φιλιππος ‘que ama os cabalos’, ou ‘amigo dos cabalos’, de ϕ ιλος ‘amigo’, e ηιππος ‘cabalo’. Foi un nome que entrou desde Francia en España co xenro dos Reis Católicos (Filipe o Fermoso). Presenta o hipocorístico Chelipe. As dinastías monárquicas españolas de Austrias e Borbóns utilizaron moito este nome a partir do s XVI. Entre os santos que levan este nome destacan o apóstolo san Filipe, celebrado o 3 de maio, e san Filipe Neri (s XVI), celebrado o 26 de maio. Antes da reforma do calendario litúrxico celebrábase o 11 de maio. San Filipe é titular de 2 parroquias. Na Graña (Ferrol) celébrase o 18 de agosto.