filipe

filipe

(< antropónimo Filipe)

  1. s m [NUMIS]

    Moeda de ouro borgoñona cuñada polo duque Filipe III o Bo durante o seu goberno (1419-1467) cun peso de 3,6 g. Denominábase tamén chevalier d’or porque presentaba no anverso a figura do duque armado e a cabalo.

  2. s m [NUMIS]

    Moeda de prata que se cuñou en Milán nos reinados dos reis Filipe da dinastía de Austria, cun peso de 27,7 g.

  3. filipe taler [NUMIS]

    Moeda de prata que se cuñou en numerosas cecas dos Países Baixos durante o reinado de Filipe II cun peso de 34,27 g e lei de 20 quilates. Coñeceuse tamén co nome de Philipsdaalder.