Filipe I o Fermoso

Filipe I o Fermoso

Soberano dos Países Baixos, conde de Artois, do Franco Condado e de Charolais (1493-1506), e rei da Coroa de Castela (1504-1506), fillo de Maximiliano I de Austria e de María de Borgoña. Casou en 1496 con Xoana, filla dos Reis Católicos, o que fixo que trala morte de Isabel a Católica (1504) e tralos Acordos de Villafáfila (1506), Fernando o Católico lles cedese o goberno de Castela. Foi o iniciador da dinastía dos Austrias.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bruxas

  • Deceso

    Lugar : Burgos