Filipe II de Francia o Augusto
Rei de Francia (1179-1223), fillo de Luís VII e de Adela de Champagne. O seu reinado caracterizouse polos enfrontamentos constantes con Inglaterra, a súa participación na terceira cruzada (1191) e na cruzada contra os albixenses, e pola ampliación dos territorios do reino coas terras gañadas aos ingleses e aos condes de Flandres. Ademais, aumentou a autoridade real ao reducir o poder dos señores feudais, ao crear un consello asesor formado por membros da burguesía e ao reorganizar xudicial, financeira e administrativamente o goberno. Casou con Isabel de Hainaut, herdeira do condado de Artois e nai do seu herdeiro Luís VIII, e trala morte desta casou con Ingeborg de Dinamarca, de quen se divorciou, o que lle valeu o enfrontamento co Papa Inocencio III. Situou a capital do reino en París, onde fundou os Archives de France e construíu os primeiros edificios do Louvre.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso
Lugar : Nantes