fimbria

fimbria

(< lat fimbrĭa)

  1. s f

    Bordo inferior dunha vestidura talar.

  2. s f

    Franxa ou orla que se pon como adorno.

  3. s f [BOT]

    Parte dun órgano que se divide en lacinias ou segmentos moi estreitos.

  4. s f [MICROB]

    Apéndice filamentoso non proteico que está presente en moitas bacterias da familia das enterobacteriáceas, que intervén na conxugación. Fai posible a fixación dunhas bacterias con outras e favorece a transferencia de fragmentos de ADN cara ás bacterias que non posúen esta estrutura, mediante o mecanismo que se coñece como conxugación bacteriana. Tamén se denomina pelo sexual das bacterias.

Palabras veciñas

filtrar | 1 filtro | 2 filtro | fimbria | fimbriado -da | fimícola | fimlet*