Fink, Eugen

Fink, Eugen

Filósofo alemán. Despois de pasar unha fase de idealismo radical fenomenolóxico, rexeitou a pretensión husserliana da epokhé (1945) e aproximouse a M. Heidegger. Escribiu, entre outras obras, Zum Problem der ontologischen Erfahrung (Sobre o problema da experiencia ontolóxica, 1949), Nietzsches Philosophie (A filosofía de Nietzsche, 1960), Traktat über die Gewalt des Menschen (Tratado sobre a forza do home, 1974), Nähe und Distanz (Proximidade e distancia, 1975) e Sein und Mensch (Ser e home, 1977).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Constanza

  • Deceso

    Lugar : Friburg