Fink, Larry
Fotógrafo norteamericano. Formouse con Lisette Model e exerceu como profesor de fotografía no Bard College de Nova York. Colaborou coas publicacións Vanity Fair, The New Yorker, GQ e The New York Times Magazine. Ademais, algunhas das súas imaxes formaron parte de campañas publicitarias de coñecidas marcas como Nike, Adidas, Baccardi e MasterCard. Expuxo en numerosas mostras, entre elas, na Yale University School of Fine Arts (1973), de New Haven, na Galerie Breiting (1979), de Berlín, na Gallery Foto de Osio (1989), en Noruega, na V Fotobienal (1992) de Vigo, no Musee de la Photographie de Charleroi (1997), en Bélxica, e na Vu Gallery (2001), en París. Participou nas edicións de Social Graces (1984), Uma Cidade Assi (1996), Boxing (1997), Runway (2000) e Social Graces (Re-Release) (2001).
Cronoloxía
-
Nacemento