Finke, Heinrich
Finke, Heinrich
Historiador alemán. Profesor nas universidades de Münster e Friburgo, dedicouse ao estudo da Igrexa na Baixa Idade Media e da historia da Coroa de Aragón. Das súas obras destacan Papstum und Untergang des Templerordens (O papado e a decadencia da orde dos templarios, 1907) e Acta Aragonensia (1908-1922). Foi presidente da Görresgesellschaft e membro do Institut d’Estudis Catalans.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Krechting, Westfalia -
Deceso
Lugar : Friburgo de Brisgovia