Firth, Raymond William

Firth, Raymond William

Antropólogo social. Investigou a organización económica nas sociedades primitivas en Malaisia e a súa estrutura social, a relixión e o tratamento antropolóxico dos símbolos entre indíxenas polinesios da illa de Tikopia. Dende 1963 comezou os seus traballos sobre a influencia da economía na ideoloxía do sacrificio. Entre outras obras escribiu: We, the Tikopia (1936), Elements of Social Organization (1951), Social Change in Tikopia (1959) e Symbols: Public and Private (1973).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Auckland, Nova Zelanda

  • Deceso