Fischer, Edmond H.
Fischer, Edmond H.
Bioquímico. Doutorouse en Química na Universidade de Xenebra. En 1950 trasladouse aos EE UU, onde se naturalizou e desenvolveu un programa de investigación sobre o comportamento das proteínas celulares e o seu mecanismo regulador, a fosforilación reversible. En 1992 outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con E. G. Krebs, polo descubrimento do papel da quinase e da fosfatase, que medían a activación e inactivación doutro enzima, a fosforilase.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Shangai, China