Fischer, Ernst
Fischer, Ernst
Político e teórico da estética naturalizado suízo. Exiliado en Praga e Moscova, regresou a Austria en 1945 e foi secretario de estado de Educación e de Interior. Opúxose á invasión de Checoslovaquia polas tropas do Pacto de Varsovia (1968) e foi expulsado do partido comunista austríaco. Das súas obras destacan Probleme der jungen Generation e The Neccesity of Art (1967) onde, cun concepto dogmático do marxismo, prevía a superación futura da utilidade inmediata da arte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Komotau, Sudetes -
Deceso
Lugar : Deutschfeistritz, Estiria