Fischer, Ernst Otto

Fischer, Ernst Otto

Químico alemán. Fixo investigacións sobre compostos organometálicos, complexos de carbono con metais, compostos en sandwich do tipo dos ferrocenos, etc. Recibiu o premio de Química da Academia de Ciencias de Gotinga (1957) e o premio Alfred Stock da Sociedade de Químicos Alemáns (1959). En 1973 compartiu o Premio Nobel de Química con Geoffrey Wilkinson polos seus descubrimentos no campo dos compostos organometálicos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Múnic