Fischer von Erlach, Johann Bernhard
Fischer von Erlach, Johann Bernhard
Arquitecto austríaco. Formouse en Roma con Carlo Fontana e ao regresar a Austria, despois dunha etapa borrominesca, definiu un barroco clásico. Das súas obras destaca a Karlskirche de Viena (1716-1729). Foi autor de Entwurf einer historischen architektur (Fundamentos dunha historia da arquitectura, 1721). O seu fillo Joseph Emmanuel Fischer von Erlach (Viena 1693-1742) continuou as súas obras, entre outras, a Hofbibliotethek de Viena, e construíu obras propias.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Graz -
Deceso
Lugar : Viena