fiscorno
fiscorno
-
s
m
[MÚS]
Instrumento aerófono de metal, soprano, da familia do bugle, coñecido nos países xermánicos e anglosaxóns como flügelhorn ou althorn. Polo xeral, ten tres pistóns e embocadura de forma semiesférica, como as trompas; acostuma estar afinado en si bemol (soprano) ou en do (barítono). É típico das bandas.
-
s
Músico que toca o fiscorno.