Fiseva, Fundación

Fiseva, Fundación

Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu en Vilagarcía de Arousa o 5 de xuño de 1997. Entre os seus obxectivos cómpre subliñar diversas iniciativas para o estudio, a investigación e o debate de temas e proxectos de interese local para Vilagarcía de Arousa, impulsando a xestión das institucións locais e dos responsables políticos, co fin de acadar unha óptima realización dos proxectos. Ocúpase tamén do fomento e desenvolvemento do tecido social e económico. O seu padroado está constituído polo presidente Xosé Barros Cuervo, o vicepresidente Félix Acuña Vidal, un secretario, un tesoureiro, e cinco vocais.

Palabras veciñas

fisco | fiscorno | fisetérido -da | Fiseva, Fundación | fisga | fisgar | físgoa