Fisher, John san
Fisher, John san
Teólogo e humanista inglés. Amigo de Erasmo de Rotterdam e Thomas Moore, foi bispo de Rochester (1504) e titor do futuro Enrique VIII. Contrario á reforma protestante, destacouse como controversista co tratado De Veritate Corporia et Sanguinis Christi in Eucharistia (1527). A súa negativa a recoñecer a Lei de Sucesión determinou o seu encarceramento (1534) e o rexeitamento á Lei de Supremacía levouno a ser acusado de traizón e ser decapitado. Canonizado en 1935, a súa festa celébrase o 22 de xuño.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Beverly -
Deceso
Lugar : Londres