Fisher, Ronald Aylmer

Fisher, Ronald Aylmer

Matemático estatístico, considerado o creador da estatística moderna. Estudiou astronomía na Universidade de Cambridge e foi o seu interese pola teoría dos erros nas observacións astronómicas o que o levou a investigar os problemas estatísticos. Traballou na estación experimental de Rothamsted, onde desenvolveu un novo enfoque matemático da estatística con tests exactos de significación para mostras pequenas e unha teoría da estimación, o método da máxima verosimilitude, as bases da moderna planificación de experiencias e os métodos de análise asociados (análise da varianza). Fixo investigacións en xenética e euxenesia, que o levaron a ocupar a cátedra Galton de euxenesia, na Universidade de Londres, e a de xenética na de Cambridge. Publicou, entre outras obras, Statistical Methods for Research Workers (1925) e The Design of Experiments (1935).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso

    Lugar : Adelaide