Física
Física
[LIT/FILOS]
Obra de Aristóteles escrita durante a segunda estada en Atenas (335-323 a C). Está composta por oito libros nos que estudiou os principios universais da ciencia da natureza e as súas relacións coas demais ciencias. Considerou a natureza como o principio de movemento, polo que analizou as cuestións relativas a este, entre outras, o infinito, o lugar e o tempo e as diversas clases de movemento.