físico -ca
físico -ca
(< lat phisycu < gr ϕυσικός ‘natural’)
-
adx
Relativo ou pertencente á física.
-
adx
Que pertence ou se refire á materia, ao material ou ao real.
Ex: Máis alá da realidade física crese que hai outra espiritual.
-
adx
Que se refire ou afecta ao corpo ou aos sentidos.
Ex: Ten algúns problemas físicos para se poder mover. Sente un enorme placer físico con esas masaxes.
-
s
m
Aspecto ou estado xeral do corpo dunha persoa.
Ex: Fai exercicio para mellorar o seu estado físico. Ten un físico moi forte.
-
s
Especialista en física.
Ex: Estaban asesorados por unha física electrónica.