fisostigmina
fisostigmina
(< Physostigma + -ina)
s
f
[BIOQ]
Principal alcaloide que se extrae da especie Physostigma venenosum. É un derivado do indol, altamente tóxico, estimulante do sistema nervioso parasimpático e sedante da medula espiñal. Emprégase como miótico, sialagogo e antipasmótico, a miúdo en forma de salicilato, e ten unha acción antagónica coa atropina.