fita

fita

(< lat vĭtta ‘cinta’)

  1. s f [INDUM]

    Tira longa de tea que se emprega para atar algo ou adornar calquera cousa. Pode ter diversas cores e estar feita de distintos tecidos ou materiais. No traxe tradicional feminino emprégase para amarrar ou adornar distintas pezas de roupa e a súa cor identificaba o estado civil da muller. Así, o vermello é a cor das mozas solteiras e o negro o das viúvas.

    Sinónimos: cinta.
  2. s f

    Tira longa e estreita de calquera material.

    Ex: Decoraron o colexio con fitas de papel. Ataron o monllo cunhas fitas de coiro.

    Sinónimos: cinta. Confrontacións: baraza, barazo.

Palabras veciñas

fistuloso -sa | fisura | fisurícola | fita | Fita i Colomer, Fidel | Fitado | fitar