fito -ta

fito -ta

(< lat fictu, p p de fīgĕre ‘cravar’)

  1. adx

    Que está cravado nalgún lugar, especialmente no chan.

    Ex: Puxeron dous pasos fitos no chan.

  2. adx

    Que non se move.

    Ex: Quedou cos ollos fitos mirando para nós. Atou a barca ben fita.

    Confrontacións: firme, firme.
  3. adx

    Que está amplo ou ten pouca distancia entre as súas partes.

    Ex: Usaron unha rede moi fita para coller as bolboretas.

    1. s m

      Pedra cravada no chan que se emprega para marcar os lindes dun terreo, os límites dun territorio ou as direccións e as distancias nunha estrada.

      Sinónimos: marco.
    2. fito de protección

      Cada un dos postes, normalmente de pedra e con forma cilíndrica, que serven para evitar que os vehículos vaian parar fóra dunha vía ou que rocen as esquinas dunha construción.

  4. s m

    Punto cara ao que se dirixe ou avista un proxectil.

  5. s m

    Xogo que consiste en lanzar pedras, peletres ou pezas metálicas a un ferro ou a un pau chantado no chan, para ver quen queda máis preto del.

Frases feitas

  • A fito/Fito a fito. Mirar algo ou a alguén fixamente.

Palabras veciñas

fitina | fitínico, ácido | fitness* | fito -ta | fito- | fitoalexina | fitobioloxía