Flaminino, Tito Quintio
Flaminino, Tito Quintio
Xeneral e político romano. Cónsul no 198 a C, dirixiu as tropas romanas na Segunda Guerra Macedonia e derrotou a Filipo V en Cinoscéfalos (197 a C). Enfrontouse con Antíoco III e venceuno nas Termópilas (191 a C). Embaixador fronte ao Rei Prusias de Bitinia esixiu a extradición de Aníbal (183 a C). Destacou polo seu filohelenismo e a defensa da autonomía de Grecia.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso