Floridia

Floridia

Cidade da provincia de Siracusa, na illa de Sicilia, Italia, situada 15 km ao oeste de Siracusa (19.157 h [1991]). Fundada en 1627, converteuse en concello independente en 1815. Destruída polo terremoto de 1908, do seu patrimonio cultural destacan as igrexas da Madonna della Grazie, Santa Anna e a Chiesa Madre.