florín
(< ital florino)
-
-
s
m
[NUMIS]
Unidade monetaria principal de Holanda (fl), establecida en 1816, que equivalía a 0,245489 gramos de ouro fino. Estaba dividido en 100 céntimos. Estableceuse a súa equivalencia co euro en 2,2037 e deixou de cotizar o 20 de agosto de 2001.
-
florín de Suriname
Unidade monetaria principal de Suriname (Sfl), dividida en 100 céntimos.
-
s
m
[NUMIS]
-
s
m
[NUMIS]
-
Moeda de prata cuñada en Florencia desde finais do s XII, cun peso de 1,80 g e un valor dun soldo.
-
Moeda de ouro cuñada en Florencia entre 1252 e 1533, cun peso de 72 gramos florentinos (3,528 g). Levaba no anverso o lirio coa lenda Florentia e no reverso a figura de San Xoán Bautista e a lenda S. Johannes B. Orixinariamente valía 20 soldos, pero foron frecuentes as alteracións no seu valor, aínda que mantivo as características do peso e da lei. Foi imitada por diversos estados, señoríos e cidades libres de Europa. O duque Alessandro de Medici substituíuna polo escudo de ouro.
-
Moeda de ouro dos grandes duques de Toscana cuñada en Florencia entre 1588 e 1792, cun peso lixeiramente inferior aos 3,5 g que conservou algunhas das características do florín medieval, pero cunhas grandes variacións de tipoloxía. Coñecíase tamén co nome de sequín.
-
Moeda de ouro cuñada polos monarcas de Aragón na ceca de Perpignan dende 1346, seguindo o modelo dos de Florencia. Tiña un peso de 3,35 g e presentaba no anverso a San Xoán Bautista e no reverso unha flor de lis. Cuñouse tamén nas cecas de Barcelona, Girona, València e Mallorca.
-