Florio, John
Florio, John
Lexicógrafo inglés. Fillo de pai italiano, foi profesor de linguas en Oxford e lector e profesor de italiano na corte de Xacobe I. Das súas obras destacan un dicionario inglés-italiano Worlde of Wordes (1598) -publicouse unha edición aumentada, Queen Anna’s New World of Words, en 1611-, e a tradución inglesa dos ensaios de M. E. Montaigne (1603).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres -
Deceso
Lugar : Fulham, Londres