fluoresceína

fluoresceína

(< fluorescencia + -ina)

Nome científico: [C<sub> 20</sub> H<sub> 12</sub> O<sub> 5</sub> ]
s f [QUÍM]

Po vermello, insoluble en auga e soluble en álcalis, que dá unha solución de cor avermellada que, por dilución, produce unha fluorescencia verde intensa. É un indicador de adsorción obtido por condensación do resorcinol e o anhídrido ftálico. Emprégase para a valoración de cloruros con nitrato de prata, para a obtención de eosina e da eritrosina, para coñecer o curso dos ríos subterráneos e, en medicina, a fluoresceína sódica soluble emprégase para detectar lesións na córnea.

Palabras veciñas

fluorado -da | fluorapatito | fluorar | fluoresceína | fluorescencia | fluorescente | fluorhídrico -ca