fluxómetro
fluxómetro
(< fluxo + -metro)
s
m
[METROL]
Aparato utilizado para medir un fluxo magnético. Consiste nun galvanómetro conectado a unha bobina, que ten o núcleo sometido á acción do fluxo magnético que se quere medir. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].