fluxus*
fluxus*
s
m
[ARTE]
Actividade artística que estivo de moda a principios dos anos sesenta e que consistía no desenvolvemento de actos creativos nos que se consolidaba a idea da obra de arte como un concepto participativo. Trátase dunha modalidade específica de happening moi influenciada polas correntes que tendían a unha renovación da música (John Cage), á que se incorporan os artistas plásticos, como J. Beuys e W. Vostell.