fogón

fogón

(< lat focus)

  1. s m [TECNOL]

    Soporte no que se coloca un recipiente para quentar o seu contido e que ten un dispositivo adecuado para a combustión dun combustible calquera ou ben esta provisto dunhas resistencias eléctricas que producen a calor necesaria.

  2. s m [TECNOL]

    Parte dun aparello para producir enerxía calorífica, como pode ser un forno ou unha caldeira, onde se produce a combustión. Da forma do fogón dependen a composición dos gases de combustión e a posibilidade de regular a cantidade de combustible consumido por unidade de tempo. Para os combustibles sólidos consiste nunha grella, horizontal ou inclinada, coa entrada de aire pola parte inferior e a saída de gases pola superior. Para os combustibles líquidos, gasosos ou sólidos pulverizados, empréganse os queimadores, de maneira que a instalación queda moi simplificada.

Palabras veciñas

Foggia | fogo | Fogo | fogón | fogosidade | fogoso -sa | foguear