fogo

fogo

(< lat focu)

    1. s m

      Desprendemento de calor e luz producido pola combustión dun corpo.

      Confrontacións: lume.
    2. fogo fatuo

      Chama errática que se produce a rentes da terra, especialmente nos cemiterios, pola combustión dos gases producidos polas substancias orgánicas en descomposición.

  1. [BÉL]
    1. s m

      Detonación feita cunha arma de fogo.

    2. interx

      Voz de mando para que a tropa dispare.

    3. ¡alto o fogo!

      Voz de mando que indica o cese das hostilidades.

    4. facer fogo

      Disparar un arma.

    5. plan de fogos

      Conxunto de disposicións adoptadas por unha unidade de combate para conseguir o máximo rendemento.

    1. s m

      Artificio de pólvora.

      Sinónimos: foguete.
    2. s m pl

      Composición pirotécnica de foguetes e outros artificios de pólvora de efectos luminosos e sonoros, que se lanza ao aire, normalmente como diversión, co fin de producir unha grande espectacularidade; ou ben se empregan para facer sinais, pedir axuda ou como foguetes de iluminación. Tamén se coñece co nome de fogos artificiais ou de artificio.

    3. fogo grego [HIST]

      Composición incendiaria formada por unha substancia inflamable composta probablemente de salitre, fósforo e cal que se queimaba de forma espontánea en contacto coa auga.

  2. fogo cruzado [MED]

    Aplicación do tratamento radioterápico para que haxa diferentes focos que converxan no lugar da doenza, pero que penetren por diferentes puntos da pel para diminuír o risco de queimala.

  3. fogo de san Telmo [METEOR]

    Meteoro ígneo que se observa ás veces na parte superior de obxectos bicudos en noites de tempestade. Aparece en, forma de pequenas chamas azuladas e brillantes, especialmente nos paos e nas velas das embarcacións.

  4. teoría do fogo central [XEOL]

    Teoría que establece que o centro da Terra está formado por materiais en estado de fusión que saen ao exterior a través de fisuras da codia terrestre. Esta teoría, xa abandonada, semellaba que podía basearse no gradiente xeotérmico (aumento de 1°C cada 30 m); sen embargo, este aumento non é constante senón que se estabiliza e, ademais, depende dos materiais que forman unha rexión determinada.

Frases feitas

  • Estar entre dous fogos. Encontrarse nunha situación comprometida.

  • Fogo de san

  • Fogo ardente/de santo Antón. Erupción cutánea que produce comechón.

  • Lázaro. Herpes.

Refráns

  • Fogo fai cociña, que non moza garrida.
  • Non entres no meu fogo e non verás o que eu gozo.
  • ¡Miña easiña, meu lar! ¡Cantas onciñas de ouro me vals!

Palabras veciñas

foggara* | Foggia | Foggia | fogo | Fogo | fogón | fogosidade