foguete

foguete

(< fogo)

  1. s m [IND]

    Artificio de pólvora que, cando se encende, lanza un conxunto de partículas en ignición que adoitan estoupar ao final. En función do tipo de carga, obtéñense diferentes efectos luminosos e sonoros.

    1. s m

      Diversos artefactos semellantes aos foguetes pola maneira de seren disparados.

    2. s m [BÉL]

      Proxectil autopropulsado no que o elemento impulsor é un foguete de pólvora ou calquera outro propulsor. A diferenza do mísil, a súa guía é exclusivamente inicial e obedece ás leis da balística. Debido á súa pouca precisión de tiro, emprégase nos lanzagranadas e nas baterías lanzafoguetes, contra obxectivos moi próximos ou de grandes dimensións.

    3. s m [COSMON]

      ehículo espacial propulsado pola exección de masa nunha dirección determinada. A orixe do foguete é probablemente oriental; a primeira noticia do seu uso provén de China (1232). Foi introducido en Europa polos árabes e desde entón encontrou diferentes aplicacións militares. Durante os ss XV e XVI empregouse como arma incendiaria. Posteriormente, o foguete bélico desapareceu ata o s XIX, momento no que se empregou novamente nas guerras napoleónicas. A finais do s XIX e comezos do XX os científicos viron o foguete como un sistema para propulsar vehículos espaciais; entre estes científicos hai que destacar a K. Ciolkovskij, H. J. Oberth e R. H. Goddard e, máis tarde, a S. Korolev, V. Gruško e W. von Braun. Este último desenvolveu durante a Segunda Guerra Mundial os foguetes V-1 e V-2, que constituíron o núcleo das investigacións estadounidenses e soviéticas da posguerra. Entre os programas espaciais realizados cómpre destacar, por parte estadounidense, o Atlas, o Agena, o Thor, o Atlas-Centaur, a serie Delta, o Titan e o Saturn (entre eles o Saturn-V, que fixo posible o programa Apollo), e, por parte soviética, os foguetes designados polas letras A, B, C, D e G. Outros países que construíron foguetes son Francia, Gran Bretaña, Xapón, China e India, así como o consorcio europeo que constituíu a Axencia Espacial Europea (ESA), que montou e explota a lanzadeira Ariane. Entre os diferentes tipos de foguetes hai o foguete-lanzadeira, que pon en órbita artefactos ou impulsa misións tripuladas, o foguete-sonda, destinado a estudiar rexións da alta atmosfera, e o mísil, que ten aplicacións militares. A maioría dos foguetes usan a enerxía liberada nas reaccións de combustión ou de descomposición do propulsor; os produtos resultantes son a materia exectable. Ademais dos foguetes químicos estudiáronse os foguetes nucleares e os foguetes de plasma. Nun foguete químico a fonte de enerxía e a materia exectable forman unha unidade chamada propergol.

    4. foguete de elevación [AERON]

      Cada un dos foguetes que, xeralmente en número par, se empregan para impulsar unha aeronave no momento de iniciar o voo, ben para conseguir un percorrido mínimo pola pista cando esta ten unha lonxitude insuficiente, ou para aumentar a súa carga útil.

    5. foguete de sinais [BÉL]

      Artefacto que ao despegar produce luz de diferentes cores e permite ás forzas de terra, mar e aire, intercambiar indicacións segundo un código determinado.

    6. foguete granífugo [METEOR]

      Foguete que se lanza en dirección ás nubes ameazadoras de saraiba para que, ao explotarlle dentro, impida a formación do pedrazo.

  2. s m [MAR]

    Sinal marítima de alarma (branca ou verde) ou de auxilio (vermella). Emprégase en navíos e embarcacións de supervivencia para facer sinais de socorro en situacións de perigo, visible a grandes distancias no mar durante o día ou a noite. Existen foguetes de acendido automático, que alcanzan unha altura aproximada duns 200 m e teñen unha duración duns 10 segundos. Outros foguetes de sinalización mariña alcanzan unha maior altura (300 m) e liberan un paracaídas que flutúa transportando o sinal de luz, cunha intensidade luminosa de 30.000 candelas, de 20 segundos e 5 minutos.

    Confrontacións: facho.

Frases feitas

  • Botar un foguete. 1 Realizar o acto sexual.

  • Coma un foguete. Con gran rapidez, a toda velocidade.

  • 2 Expulsar gases polo ano.

  • Ser foguete de feira. Ter algunha cousa pouca duración.

  • Ter un foguete no cu. Non ter paraxe.

Palabras veciñas

fogueirada | fogueiro -ra | foguetada | foguete | foguetear | fogueteiro -ra | föhn*