fogueiro -ra

fogueiro -ra

(< fogo)

  1. s

    Persoa que ten por oficio coidar o lume dunha máquina de vapor ou dun aparello calquera de calefacción.

    Ex: O seu avó era o fogueiro dun vapor.

  2. s [MAR]

    Mariñeiro que nos barcos mercantes exerce o mando directo de todo o persoal subalterno das máquinas.

    Ex: O meu irmán traballou de fogueiro nun mercante.

Palabras veciñas

foguear | fogueira | fogueirada | fogueiro -ra | foguetada | foguete | foguetear