föhn*

föhn*
s m [METEOR]

ento cálido e seco que sopra a sotavento dun sistema montañoso. Ao localizar un obstáculo no relevo, os ventos vense obrigados a ascender pola vertente de barlovento, arrefriando de maneira progresiva ata chegar ao nivel de condensación; en consecuencia, forman nubes que chegan ata a cima e producen precipitacións que lles fan perder a humidade. Ao baixar pola vertente oposta quecen de maneira considerable e compórtanse como ventos secos. Baixo os efectos dun vento de tipo föhn aumentan moito a temperatura e a evaporación, mentres que diminúe a humidade. Estudiouse por primeira vez no Tirol. Recibe diferentes denominacións locais: chinook, nas Montañas Rochosas, samun en Irán, berg no SO de África, levante no golfo de Cádiz e solano en Castela.

Palabras veciñas

foguete | foguetear | fogueteiro -ra | föhn* | Föhr | foia | foie-gras*